1

 

Todo sobre Benquerencia Toda la Actualidad de Barreiros El Camino de Santiago en Barreiros Los Cubanos de Benquerencia Foro, Chat, Contacto, Blog

Asociaciones Culturales y Deportivas de Barreiros

ASOCIACIONES CULTURALES Y DEPORTIVAS DE BARREIROS

 

APNED  ucatea  

 


A  Asociación de Pais/Nais de nenos/as con discapacidades da Mariña de Lugo xurde do descontento, das numerosas necesidades e dos poucos servicios que temos a nosa disposición, os pais e persoas que a constituímos para atender ás necesidades dos nosos fillos, para convivir con eles e para facilitarlles unha vida apropiada para o seu desenvolvemento.

Estas necesidades dan lugar a varias xuntanzas que transcurriron no inverno do 2000, froito das cales orixinase un pequeno debate sobre a necesidade de crear unha Asociación que poida pelexar polas nosas demandas tanto para nós como pais como para os nosos cativos.

 Os promotores de APNED somos un grupo de pais e persoas que conviven ou conviviron coa experiencia decoñecida de ter unha persoa coa que non podemos tomar contacto moitas veces, polo menos dun xeito espontáneo. Todos sufrimo-la ausencia de información, recursos, atención e solucions: Nalgún momento arrastramos unha serie de inconvenientes, problemas ou necesidades e poucas vías de solución para as mesmas.

Tras estas xuntanzas nace a nosa Asociación en Foz, no ano 2001; todos os membros somos persoas que nunca  pensamos ter un problema deste alcance dentro do noso núcleo familiar. Ainda hoxe en día nos  preguntamos que fixemos mal para  ter un pequeno/a diferente, teña a discapacidade que sexa. A resposta é sinxela: os pais dos nenos con discapacidade de maña son os nenos e xoves "normais" de hoxe. A nosa andadura partiu disto.

O  principal obxectivo de APNED é consegui-la máxima integración/normalización  destos pequenos e futuros cidadans. Como na maioría dos casos, eles non poden reivindica-los seus dereitos,  nos eriximos como os seus defensores e queremos  que estes cativos dispoñan dos mesmos recursos e atencións que teñen e tivemos todos os demais, referímonos con isto ós que somos considerados normais: non queremos máis pero tampouco menos  dereitos que os de calquera cidadán. 

Hoxe, despois de dous anos, a convivencia coa discapacidade ensinounos: a  importancia dos pequenos detalles nas nosas vida e a temporalidade na que vivimos. É coma se gracias os nosos cativos lembrásemos, cousas moi importantes para a vida, valores sociais, personais e humanos  que tiñamos medio abandoados. Ademais, os nosos pequenos ensinaronos a vivir dun xeito distinto, mais humano e persoal. Nós só podemos devolverlle estas consecucións, facilitándolle medios para que poidan ser o mais independientes e autónomos para así acada-la máxima liberdade na súa vida. A isto dedicamos todo o noso esforzo e traballo en APNED.

Sabemos que existe unha amplia poboación con necesidades atencionais en discapacidades, algún problema familiar  e individual, e moita capacidade de superación.

O que temos claro é que calquera persoa pode chegar a estar na nosa situación e que o feito de  ter un neno ou unhna persoa con discapacidade non significa dar ou ter pena, senon axudar a facerlle unha vida mais predecible e fácil de entender. Axudar nesto significa tratalo igual cos demais pero quizás con algo mais de paciencia.

Ultima actualización 07/02/2007 00:24:01  

© 2006 www.carreiras.org. Todos los derechos reservados

Aviso legal

Benquerencia   actualidad Camino de Santiago  Emigración  Foro

contactarinicio


 

Fiestas de San Xoan la noche del 23 de Junio


Fiestas de San Pedro dias 29 y 30  de Junio


Tonos de benquerencia para tu movil


Nuevo mapa de Barreiros


Siete banderas azules para las playas de Barreiros

Benquerencia-Valea, Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado/Remior y San Bartolo. El nuevo galardón es para la playa de Acantilado, mientras la Playa de San Bartolo ocupa el lugar que ostentaba Altar, pero este año estaba en obras y el Ayuntamiento decidió no solicitarlo


Manualidades en Benquerencia


Estadisticas Chat de Benquerencia

 

empresaspaginas amarillasrestaurantescontadores gratisimitablehoteles

1.- Enlaces patrocinados ( Aquí puede ir su publicidad, solicitela )

 

PLANO DO CANTEIRO

Plano de las obras de reforma que se estan realizando en el Canteiro

 

Ultima actualización 07/02/2007 00:24:01  

© 2007 www.carreiras.org. Todos los derechos reservados

 

1

Asociacion de pais e nenos

 

contactarinicio