TODO SOBRE SAN PEDRO DE BENQUERENCIA TODA LA ACTUALIDAD DE BENQUERENCIA Y DEL MUNICIPIO DE BARREIROS EL CAMINO DE SANTIAGO EN SU TRAMO DE BARREIROS PAGINAS DE LA EMIGRACION EL FORO DE BENQUERENCIA  

San Pedro de Benquerencia

 

Enquisa sobre a visión de Barreiros:

 

Coa fin de averigua-la visión dos habitantes e visitantes barreirenses, en canto á valoración de infraestructuras e xestión do grupo de governo, asociacionismo e conflictividade social; realizouse unha enquisa que comprendía un total de 8 cuestións, máis un apartado de valoración cuatitativa das infraestructuras municipais.

 

 A mostra da mesma era dun total aproximado de 50 persoas, de idades comprendidas entre os 20 e os 65 anos, dos cales  o 62.5 % son residentes habituais do concello barreirense, e o 37.5 % restante, corresponde a persoas nacidas neste municipio que na actualidade residen habitualmente  fóra do mesmo.

 

En canto ó nivel de alfabetización dos entrevistados, o 12.5% dispón de estudios primarios,  o 62.5%, secundarios, e o 25% restante,  ten estudios universitarios. Do total de persoas, o 32% responderon ó cuestionario de forma escrita, e o 78% restante, corresponde a entrevistas orais cos propios veciños do concello.

 

Os resultados obtidos son os seguintes:

Na primera parte do interrogatorio, solicitábase que os entrevistados puntuaran nunha escala de 1 a 10 puntos, distintas actividades e infraestructuras do municipio. Dado que desta parte do cuestionario, só se dispón do material correspondente ó 32% da mostra que respondeu de forma escrita, os resultados poden considerarse mediananamente fiables. As puntuacións medias obtidas foron:

 

 Xestión do grupo de governo:

 2.94 puntos

 Sanidade pública:

 4.75 puntos

 Labor educativa: .

 5.44 puntos

 Recursos de ocio:

 4.69 puntos

 Equipamentos deportivos:

 4.25 puntos

 Transportes:

 2.75 puntos

 Seguridade cidadá:

 4.8   puntos

 Industria:

 2.25 puntos

 

Segundo os datos obtidos, a poboación barreirense non considera óptima a xestión do grupo de governo; e reflexa o descontento polas carencias de industria e transporte.  O resto dos equipamentos, e a labor que neles se desenvolve, obteñen resultados moi contrapostos entre a poboación, co cal se obtén unha media moi regular.

Na segunda cuestión, preguntábase se o entrevistado pertencía a algunha asociación do municipio, cuios resultados foron  do 21% para “SI PERTENZA”, e 79% para “NON PERTENZA”.  Segundo estes datos, pode considerarse que, ou ben o municipio barreirense non conta con asociacións do interese da poboación; ou a escasa participación da poboación en labores de cohesión social.

 

A terceira pregunta versaba sobre  a conflictividade no municipio barreirense. Dos resultados obtidos, o 68.75% considera que o municipio barreirense non é un lugar de problemas. En cambio, o 31.25% opina que a xestión do governo e o favoritismo expresado polo mesmo, según opinión cidadá, provoca rivalidades entre a xente. Sobre este mesmo tema, anque concretándose nos problemas sociais, versaba a cuarta pregunta; que recolle como as principais críticas, o rechazo da poboación hacia inmigrantes estranxeiros, e a “competencia” entre parroquias.

 

 As tres preguntas seguintes, recollen a opinión do pobo sobre o desenvolvemento e recursos dos que dispón este municipio.  En canto ó carácter infraestructural, a opinión xeral dos entrevistados, expresa o descontento pola carencia de instalacións deportivas e de ocio, de planemento urbanístico, de plan de saneamento para todo o concello; e a concentración parcelaria das parroquias que aínda non a teñen. Tamén reciben críticas as condicións de hixiene dos equipamentos das praias  –duchas, vestiarios-, a rede viaria e a non dispoñibilidade de todo o concello, de banda ancha de acceso a Internet. 

 

Unha inmensa maioría da mostra considera que o turismo é un dos poucos recursos explotados do concello barreirense, e denuncian a escasa promoción do lugar, falta de servicios hoteleiros, e a pouca explotación dos recursos naturais. Ademáis, o escaso desenvolvemento industrial, coa negativa consecuencia que provoca no auxe do emprego, é outra idea expresada polos entrevistados.

Entre as principais liñas de actuación  para o desenrolo deste municipio, a poboación entrevistada considera que se debería botar man dunha maior promoción e organización municipal hacia o turismo e potenciación da industria; orientadas á creación de máis postos de traballo, para evitar que as novas xeracións tiveran que buscar emprego fóra do municipio.

 

Como conclusión, pódese dicir, que en xeral a sociedade barreirense fai un balance pouco positivo do concello, no que a desenvolvemento se refire. Sen embargo, unha boa maioría coincide ó afirmar que se trata dun lugar tranquilo, e acolledor para residir; que dispón dos recursos necesarios para os seus habitantes; e anque o faga dun xeito moi lento, incorpora novos medios para face-la vida dos veciños máis cómoda.

 

contactarinicio


Asi se presentaba Tamara para solicitar de todos un poco de su tiempo para realizar esta encuesta cuyos resultados ahora nos presenta:


¡Ola! Chámome Tamara e son veciña de Benquerencia. Na actualidade estou estudiando Socioloxía en Coruña, e nunha das asignaturas deste curso propóñennos facer un estudio sobre un concello galego, e a visión que teñen os propios habitantes sobre o municipio en cuestión. Eu, como non, decidín facer dita análise sobre Barreiros.

 

Tamara Rubiños Varela
 

Ultima actualización 07/02/2007 00:27:30  

© 2006 www.carreiras.org. Todos los derechos reservados