1

Colectivo cultural Ollomao

Actualidad



Necesidade e obxetivos
O Colectivo Cultural Ollomao é unha iniciativa múltiple, aberta e plural, con carácter de compromiso e vocación de continuidade, que xorde diante dunha necesidade básica para calquera sociedade desenvolvida: o dereito á cultura dos seus cidadáns.


Cando unha administración pública esquece esta obriga está a abandonar unha parte importante das súas responsabilidades. Só a aparición dun colectivo coma este é quen de suplir esta deixación de funcións; é esta pois unha resposta comunitaria diante da inoperancia cultural que hai en Barreiros.


Lonxe de fomentar a conciencia crítica na cidadanía, asistimos ao impulso da aculturización e do descoñecemento como armas efectivas de control social, de dominio e de vasalaxe acrítico. Esta actitude consciente chega incluso á desculturización no caso mesmo de todo canto ten que ver coa cultura galega. Por iso este movemento colectivo ten tamén un sentido de defensa, de resistencia diante dos que buscan unha sociedade uniformizada, acrítica e facilmente manexable.


O ser do Colectivo Cultural Ollomao ten a ver co fomento e difusión da cultura galega e o achegamento a outras culturas dende a cultura propia. A lingua galega é pois, elemento vehicular do Colectivo e motivo fundacional. Orixinalidade e carácter innovador na forma erespecto ao tradicional no fondo son guías neste camiño.

 

Con esta perspectiva, os obxectivos e liñas de traballo son:


1.- Dotar de actividade cultural ao concello

· É preciso confeccionar unha programación estable e de referencia, con carácter continuado e non ocasional e con estándares mínimos de calidade e interese.
· Atenderase a crear unha oferta multidisciplinar e que cubra aos distintos colectivos sociais (como nenos, mozos ou maiores) co obxectivo de crear alternativas de ocio e esparcemento centradas en Galicia e na súa cultura deseu. · Para iso, demandamos a finalización da Casa da Cultura como infraestructura necesaria e a mellora dos locais sociais das distintas parroquias para que sirvan ao obxectivo da mobilidade cultural e o achegamento á veciñanza. A dinamización cultural precisa infraestruturas, pero as infraestruturas de nada serven sen contidos.

 

2.- Incitación ou impulso ás manifestacións artísticas e culturais
· Exposicións de artistas locais, onde divulgar e dar a coñecer o seu traballo, e potenciación e axuda a todas aquelas persoas que desenvolvan algunhaactividade ou disciplina no eido cultural.
· Posta en marcha de certames, concursos e premios cos que impulsar a creacióncultural.
· Traballo e colaboración cos colexios do concello co obxectivo de introducir na cultura e a creación artística aos cativos dende idades temperás.


contactarinicio

Ultima actualización 07/02/2007 00:29:39  

© 2006 www.carreiras.org. Todos los derechos reservados